http://youtu.be/Kae_MBI0Hac

segunda-feira, 17 de setembro de 2018

O ensino ilustrado

Vida e obra de Rosalía de Castro
<iframe src="http://www.slideshare.net/slideshow/embed_code/18321677" width="476" height="400" frameborder="0" marginwidth="0" marginheight="0" scrolling="no"></iframe>



Espazo lúdico: aprender doutros xeitos




Xogo de cultura xeral sobre lingua,deportes,ciencia...












Só tes que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cres que ten. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco.





















Neste vídeo podes escoitar a canción "Deitado fronte ao mar" do grupo Dios ke te crew, que puxo música ao famoso poema do mesmo título de Celso Emilio Ferreiro.

Pautas comentario de texto


PAUTAS   COMENTARIO  DUN  TEXTO  LITERARIO


1.          INTRODUCIÓN:
Debes presentar o texto, achegando información sobre a obra á que pertence, o autor, época, movemento… e se podes, destacar algún característica que singularice devandito texto.
        

2.         ANÁLISE DO CONTIDO:

                  2.1. TEMA: sintetiza en 1 ou 2 liñas a idea central do texto, é dicir,o que o autor nos quere  transmitir. Ten en conta que o tema pode estar explícito ou implícito.
                        Unha vez redactado o tema, debes relacionalo coas características do autor ou do movemento.

                  2.2. MOTIVOS: son aqueles elementos temáticos que contribúen á  expresión do tema. Cando ao longo da historia da literatura se repiten reciben o nombre de TÓPICOS. É frecuente que nunha  época determinada atopemos tópicos característicos ( por exemplo, o "Carpe diem"  no Renacimiento). Igual que fixeras co tema,debes relacionalos co autor e o movemento.

                   2.3. ESTRUTURA INTERNA: debes indicar como está organizado o contido no texto (división en partes). É o “esqueleto” do texto. Existen diferentes tipos de estrutura: circular ou enmarcada, conclusiva, ascendente, descendente…


3.          ANÁLISE DA FORMA:

                   3.1. ESTRUTURA EXTERNA: de tratarse dun texto poético tes que facer a análise métrica. De ser un texto en prosa terás que explicar a súa distribución en capítulos, apartados, parágrafos…

                   3.2. RECURSOS ESTILÍSTICOS: identifica no  texto os  recursos estilísticos que emprega o autor como metáforas, símiles,paralelismos,... (Lembra que os recursos literarios son os indicadores da función poética da lingua).
                         Non se trata de facer un sumario de recursos senón de identificar e comentar  os que son propios do autor ou significativos dun movemento determinado.


4.         CONCLUSIÓN E VALORACIÓN:
                    Retoma os apartados anteriores e atrévete a redactar unha conclusión. Podes valorar a importancia dese texto dentro dun período determinado, a orixinalidade do autor ..., ou simplemente comentar que che suxeriu ese texto, se che gustou ou non e por  que.

Os movementos agrarios



Aquí vos achego un vídeo para coñecer máis polo miúdo a aparición dos movementos agrarios no 1º terzo do século XX.

Comentario "Se eu fose autor" (Castelao)

https://docs.google.com/open?id=0B8pmqO9A5ZZld2JCRXQ0MGVIMTA

Comentario "O pai de Migueliño" (Castelao)

https://docs.google.com/open?id=0B8pmqO9A5ZZlcXBNSHU3OG5YMnM

Acentuación

No seguinte enlace atoparás exercicios interactivos para repasar ou mellorar o emprego do acento gráfico, así como a distinción entre ditongos,tritongos e hiatos. Ánimo e a por eles!
http://www.linguagalega.org/lingua/acentuacion/acentuacion.html

A narrativa da posguerra (1939-1975)


http://www.slideshare.net/doresfl/a-narrativa-galega-de-posguera-1950-75


Álvaro Cunqueiro

Preme neste enlace e verás un power-point sobre o autor e a súa produción literaria:
http://www.slideshare.net/biblioteca_ies_poio/cunqueiro#

A seguir, nestoutro enlace, podes realizar cinco actividades interactivas sobre diversos aspectos da súa biografía, trazos da súa narrativa e un par de textos:
http://www.rosasalgueiro.com/cunque/grcunq.htm

Cousas de Castelao

Agora xa podes ler online todos os relatos de Cousas. Preme neste enlace e disfruta da lectura:
http://manuelrivas.com/cousas/

Exercicios sobre clases de palabras

Na seguinte ligazón podes atopar distintas actividades sobre todas as clases de palabras e nas que ti mesmo podes comprobar a solución. Aproveita para repasar o verbo ou revisar calquera outra categoría gramatical. Verás como che serven de axuda!!!
http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/morfoloxiaexercicios.html

Clases de palabras

Preme neste enlace e poderás realizar exercicios sobre as distintas clases de palabras e comprobar as solucións:
http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/morfoloxiaexercicios.html

Rosalía de Castro

Co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos:
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dun vídeo colectivo no que teñen cabida escritoras e non escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas, transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras,persoal sanitario, ecoloxistas... Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este
vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei.
Participan, entre moitas outras, Mónica Caamaño, María do Cebreiro,María Xosé Queizán, Teresa Seara, Helena Villar Janeiro, Xulia Alonso, Eva Veiga, Yashmina Shawk, Begoña Paz, Mónica Bar, Rosa Enríquez, Lucía Novas, Inma López Silva, Estíbaliz Espinosa, Laura Bugalho, Rosalía Fernández Rial, Verónica Martínez, Rexina Vega ou Comba Campoy.
http://www.youtube.com/watch?v=g_tEH4K8rqM&feature=youtu.be

Ánxel Fole

Agora podes ver unha curtametraxe de animación en plastilina baseada no conto "Os defuntos falaban castelao" de Ánxel Fole. Duración: 9:13 min.





E, se premes na seguinte imaxe, verás outro vídeo que recrea o conto "Os lobos" do libro Á lus do candil. Duración: 18:04 min.


Séculos Escuros

Nesta seguinte ligazón podes ver un power-point que che servirá para revisar ou completar o contexto histórico e a literatura de carácter popular e culta conservada durante os Séculos escuros.
 http://www.slideshare.net/anagagon/lit-sec-esc

Entrevista a Xosé Neira Vilas






Preme no seguinte enlace e verás unha das moitas entrevistas realizadas a Neira Vilas que che servirá para coñecer mellor o autor de Memorias dun neno labrego.
        http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2012/03/06/0031_6_128899.htm



Rosalía de Castro

Ola,rapaces!: Xa chegamos á terceira avaliación e imos coñecer os poetas destacados no Rexurdimento. Empezaremos analizando a Rosalía de Castro co visionado deste power point realizado por alumnas de 1ºBacharelato. A min pareceume bastante claro e destaco del a combinación de teoría e presentación dalgún dos seus textos máis emblemáticos. Xa me contaredes!

Poemas de Rosalía de Castro musicados

Se premes neste enlace podes escoitar varios poemas de Rosalía musicados por distintos intérpretes e ademais, como apoio, aparece a letra do poema. O primeiro que aparece (non podía ser doutro xeito) é "Adiós ríos, adiós fontes", pero se na parte dereita pulsas no apartado Século XIX e buscas en Rosalía de Castro accedes ao audio de nove poemas máis. Xa veñen preparados para que os saborees!!!
http://sondepoetas.blogspot.com.es/2008/04/adis-ros-adis-fontes.html

Webquests "Descubrindo a Rosalía"

No seguinte enlace entraredes nunha páxina con actividades dirixida a alumnos e alumnas de 3º de ESO e que intenta ser unha aproximación aos principais aconteceres da vida de Rosalía, sen esquecer a súa poética.
http://www.as-pg.com/webquests/derosalia/index.html

Xosé Neira Vilas

Nesta entrada podes consultar dous power points: o primeiro achega información sobre o libro Memorias dun neno labrego e o segundo unha entrevista a Neira Vilas feita por alumnos de 1ºBacharelato da Estrada.





Celso Emilio Ferreiro


No seguinte enlace accedes á web da Fundación do poeta celanovés onde aparece a súa biografía, obra, álbum fotográfico e arquivo sonoro con textos recitados polo propio Celso Emilio, entre outros contidos. Mergúllate no seu mundo!!!

celsoemilioferreiro.org/


Tamén podes escoitar outros poemas seus musicados nestoutro enlace:
http://sondepoetas.blogspot.com.es/2009/05/deitado-frente-ao-mar-celso-emilio.html

Presentación en power point Celso Emilio Ferreiro


Pautas para o comentario dun texto literario

Preme neste enlace e atoparás as pasos a seguir para comentar calquera texto literario.
https://docs.google.com/file/d/0B8pmqO9A5ZZlMDNFQzBkcC1uakk/edit?usp=sharing

Máis sobre Celso Emilio Ferreiro

O programa "Reporteiros" lembra a Celso Emilio Ferreiro, cando no 2012 fixo 100 anos do seu nacemento. Entre as súas múltiples facetas, o programa debulla a súa figura política, como poeta comprometido coa esquerda e co galeguismo e cunha mensaxe que para moitos está hoxe máis vixente ca nunca.



"Letanía de Galicia" de Uxío Novoneyra

Preme neste enlace e accederás á lectura coral e ó comentario deste famoso poema de Novoneyra.
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/lit/ladainha/ladainha.htm

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

                                       


Neste enlace accedes á fundación Curros Enríquez e podes completar a información que sobre este autor aparece no libro:
http://www.currosenriquez.es/gl/o-poeta/curros-enriquez.html

Recorda que podes escoitar varios poemas do autor musicados neste enlace:
sondepoetas.blogspot.com

Para ler online Aires da miña terra ou O divino sainete lembra ir ao gadget LECTURAS ONLINE e premer na Biblioteca virtual galega.

A narrativa galega dende 1975 ata a actualidade


A LITERATURA MEDIEVAL

Olla este vídeo sobre "o soporte técnico na Idade Media"  e comenta a opinión que che merece en relación coas novas tecnoloxías actuais.

Selección de cantigas de amigo

Imos ler algunhas cantigas de amigo galego-portuguesas. Veremos se lle colles gusto e te animas a compoñer unha...
http://issuu.com/socri/docs/selecci_n_de_textos._cantigas_de/1?e=2231712/1115811

Versión musicada da cantiga "Ondas do mar de Vigo"

Como este primeiro trimestre imos coñecer a literatura medieval galego-portuguesa pareceume boa idea achegarvos unha versión/adaptación da cantiga de amigo "Ondas do mar de Vigo" de Martín Códax (siiiiiiiii, esa que tedes que memorizar este ano e que espero fique prendida na vosa memoria para sempre!!!)  na voz de Socorro Lira, cantante brasileira, e que forma parte do magnífico CD "Cores do Atlântico".
Espero que vos guste!!!
Ah, aproveitade para ir a Youtube e escoitar a música orixinal da cantiga e así apreciar as diferenzas. Xa me contaredes!!!


Como facer o comentario dunha cantiga medieval

https://docs.google.com/document/d/1D4qOPsLSYTtBeaatTrZOuQrX9HQWMgbpJ0QuG2p96r0/edit?usp=sharing

Léxico: o corpo humano

Preme no seguinte enlace e poderás acceder a actividades para traballar as partes do corpo.
http://enredandocoaspalabras.blogspot.com.es/2010/10/actividades-lim-o-corpo.html

Dúbidas lingüísticas

Preme neste enlace e obterás resposta a algunhas dúbidas lingüísticas como: emprego de porque, porqué, por que / facer, haber / a preposición A e o complemento directo, colocación do pronome átono, cambios na normativa, ...
http://www.blogoteca.com/dubidas/index.php?l=1&pag=2

As variantes xeográficas

Preme no seguinte enlace e accederás a un traballo sobre as características dos tres bloques lingüísticos do galego:
http://endlvios.blogspot.com.es/2011/03/dialectoloxia.html

poema "A man segreda" de Cabanillas

Aquí tedes a versión cinematográfica do poema "A man segreda" de Ramón Cabanillas, coa colaboración de Carlos Blanco. Duración: 5,51 min.


Materia exame 2ºESO -1ºboletín (curso 2014/15)

Preme neste enlace e atoparás o documento coa materia deste primeiro exame.
Data do exame: martes, 21 de outubro.  Xa sabes... a estudar moito e ... sorte!
https://docs.google.com/document/d/1lyL19TzVukRrk5400amNSkx6QFYh7dmU-GMZv01iaPw/edit

Materia exame 1ºESO-1ºboletín (curso 2014/15)

Preme no seguinte enlace e accederás á información sobre a materia que tes que preparar, así como á data do exame. Xa sabes... a estudar moito!
https://docs.google.com/document/d/1ghdqOKXb1Tuk0ef6WVEzCBW0J84gShFSJhFMab-59z4/edit

Poema "En pé" de Ramón Cabanillas




Aquí vos deixo un dos poemas máis famosos de Cabanillas cantado por Juan Pardo.

Obra de teatro A man da santiña de Cabanillas






“A Man da Santiña” de Ramón Cabanillas nace nun momento en que o sentimento nacionalista se espallara por toda Galicia, cara a 1919. Cabanillas cría, ferventemente, que o teatro era un instrumento galeguizador imprescindible.





Guía de lectura de "Makinaria" de Carlos Negro







Chegou a hora da análise do poemario Makinaria e velaí que atopei unha estupenda e moi completa guía de lectura elaborada por Rosa Salgueiro coa colaboración do autor.
Esta proposta presenta dúas versións para traballar o libro: "Gozar da paisaxe" (versión completa con 40 actividades) e "Ir polo atallo" (versión reducida con 30 actividades).
http://napuntadalingua.rosasalgueiro.com/libros/LIM/makinaria.html

Comentario da cantiga "Ondas do mar de Vigo"

Tal e como me pedistes, aquí vos deixo o documento no que vos redactei o comentario da cantiga "Ondas do mar de Vigo". Espero que vos sirva como referencia.
https://docs.google.com/document/d/1PK7zdTn2ZyWYttj8eTAoSFxvRKN-jNNFrV4a5nAwZNY/edit?usp=sharing

Materia exame 4ºESO-1ºboletín (curso 2014/15)

Preme no seguinte enlace e accederás á información sobre a materia que tes que preparar, así como á data do exame. Xa sabes... a estudar moito e ... sorte!
https://docs.google.com/document/d/11sPYkkKGYvcyXYdjPYounc5q2v9VLOmoS0d44GL8iJc/edit

Materia exame 3ºESO-1ºboletín (curso 2014/15)

Preme no seguinte enlace e accederás á información da materia e tamén á data do exame. Xa sabes... a estudar moito e ... sorte!
https://docs.google.com/document/d/1NSur0P7rHvhwujTQxlqtLNbNR3pLbBV2bIuf3uRLVyE/edit