http://youtu.be/Kae_MBI0Hac
Mostrar mensagens com a etiqueta LITERATURA 3ºESO. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta LITERATURA 3ºESO. Mostrar todas as mensagens
segunda-feira, 17 de setembro de 2018
Rosalía de Castro
Co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos:
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dun vídeo colectivo no que teñen cabida escritoras e non escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas, transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras,persoal sanitario, ecoloxistas... Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este
vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei.
Participan, entre moitas outras, Mónica Caamaño, María do Cebreiro,María Xosé Queizán, Teresa Seara, Helena Villar Janeiro, Xulia Alonso, Eva Veiga, Yashmina Shawk, Begoña Paz, Mónica Bar, Rosa Enríquez, Lucía Novas, Inma López Silva, Estíbaliz Espinosa, Laura Bugalho, Rosalía Fernández Rial, Verónica Martínez, Rexina Vega ou Comba Campoy.
http://www.youtube.com/watch?v=g_tEH4K8rqM&feature=youtu.be

Séculos Escuros
Nesta seguinte ligazón podes ver un power-point que che servirá para revisar ou completar o contexto histórico e a literatura de carácter popular e culta conservada durante os Séculos escuros.
http://www.slideshare.net/anagagon/lit-sec-esc
http://www.slideshare.net/anagagon/lit-sec-esc
Rosalía de Castro
Ola,rapaces!: Xa chegamos á terceira avaliación e imos coñecer os poetas destacados no Rexurdimento. Empezaremos analizando a Rosalía de Castro co visionado deste power point realizado por alumnas de 1ºBacharelato. A min pareceume bastante claro e destaco del a combinación de teoría e presentación dalgún dos seus textos máis emblemáticos. Xa me contaredes!
Poemas de Rosalía de Castro musicados
Se premes neste enlace podes escoitar varios poemas de Rosalía musicados por distintos intérpretes e ademais, como apoio, aparece a letra do poema. O primeiro que aparece (non podía ser doutro xeito) é "Adiós ríos, adiós fontes", pero se na parte dereita pulsas no apartado Século XIX e buscas en Rosalía de Castro accedes ao audio de nove poemas máis. Xa veñen preparados para que os saborees!!!
http://sondepoetas.blogspot.com.es/2008/04/adis-ros-adis-fontes.html
http://sondepoetas.blogspot.com.es/2008/04/adis-ros-adis-fontes.html
Webquests "Descubrindo a Rosalía"
No seguinte enlace entraredes nunha páxina con actividades dirixida a alumnos e alumnas de 3º de ESO e que intenta ser unha aproximación aos principais aconteceres da vida de Rosalía, sen esquecer a súa poética.
http://www.as-pg.com/webquests/derosalia/index.html
http://www.as-pg.com/webquests/derosalia/index.html
Pautas para o comentario dun texto literario
Preme neste enlace e atoparás as pasos a seguir para comentar calquera texto literario.
https://docs.google.com/file/d/0B8pmqO9A5ZZlMDNFQzBkcC1uakk/edit?usp=sharing
https://docs.google.com/file/d/0B8pmqO9A5ZZlMDNFQzBkcC1uakk/edit?usp=sharing
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Neste enlace accedes á fundación Curros Enríquez e podes completar a información que sobre este autor aparece no libro:
http://www.currosenriquez.es/gl/o-poeta/curros-enriquez.html
Recorda que podes escoitar varios poemas do autor musicados neste enlace:
sondepoetas.blogspot.com
Para ler online Aires da miña terra ou O divino sainete lembra ir ao gadget LECTURAS ONLINE e premer na Biblioteca virtual galega.
A LITERATURA MEDIEVAL
Olla este vídeo sobre "o soporte técnico na Idade Media" e comenta a opinión que che merece en relación coas novas tecnoloxías actuais.
Selección de cantigas de amigo
Imos ler algunhas cantigas de amigo galego-portuguesas. Veremos se lle colles gusto e te animas a compoñer unha...
http://issuu.com/socri/docs/selecci_n_de_textos._cantigas_de/1?e=2231712/1115811
http://issuu.com/socri/docs/selecci_n_de_textos._cantigas_de/1?e=2231712/1115811
Versión musicada da cantiga "Ondas do mar de Vigo"
Como este primeiro trimestre imos coñecer a literatura medieval galego-portuguesa pareceume boa idea achegarvos unha versión/adaptación da cantiga de amigo "Ondas do mar de Vigo" de Martín Códax (siiiiiiiii, esa que tedes que memorizar este ano e que espero fique prendida na vosa memoria para sempre!!!) na voz de Socorro Lira, cantante brasileira, e que forma parte do magnífico CD "Cores do Atlântico".
Espero que vos guste!!!
Ah, aproveitade para ir a Youtube e escoitar a música orixinal da cantiga e así apreciar as diferenzas. Xa me contaredes!!!
Espero que vos guste!!!
Ah, aproveitade para ir a Youtube e escoitar a música orixinal da cantiga e así apreciar as diferenzas. Xa me contaredes!!!
Comentario da cantiga "Ondas do mar de Vigo"
Tal e como me pedistes, aquí vos deixo o documento no que vos redactei o comentario da cantiga "Ondas do mar de Vigo". Espero que vos sirva como referencia.
https://docs.google.com/document/d/1PK7zdTn2ZyWYttj8eTAoSFxvRKN-jNNFrV4a5nAwZNY/edit?usp=sharing
https://docs.google.com/document/d/1PK7zdTn2ZyWYttj8eTAoSFxvRKN-jNNFrV4a5nAwZNY/edit?usp=sharing
Subscrever:
Mensagens (Atom)