http://youtu.be/Kae_MBI0Hac

segunda-feira, 17 de setembro de 2018

Pautas comentario de texto


PAUTAS   COMENTARIO  DUN  TEXTO  LITERARIO


1.          INTRODUCIÓN:
Debes presentar o texto, achegando información sobre a obra á que pertence, o autor, época, movemento… e se podes, destacar algún característica que singularice devandito texto.
        

2.         ANÁLISE DO CONTIDO:

                  2.1. TEMA: sintetiza en 1 ou 2 liñas a idea central do texto, é dicir,o que o autor nos quere  transmitir. Ten en conta que o tema pode estar explícito ou implícito.
                        Unha vez redactado o tema, debes relacionalo coas características do autor ou do movemento.

                  2.2. MOTIVOS: son aqueles elementos temáticos que contribúen á  expresión do tema. Cando ao longo da historia da literatura se repiten reciben o nombre de TÓPICOS. É frecuente que nunha  época determinada atopemos tópicos característicos ( por exemplo, o "Carpe diem"  no Renacimiento). Igual que fixeras co tema,debes relacionalos co autor e o movemento.

                   2.3. ESTRUTURA INTERNA: debes indicar como está organizado o contido no texto (división en partes). É o “esqueleto” do texto. Existen diferentes tipos de estrutura: circular ou enmarcada, conclusiva, ascendente, descendente…


3.          ANÁLISE DA FORMA:

                   3.1. ESTRUTURA EXTERNA: de tratarse dun texto poético tes que facer a análise métrica. De ser un texto en prosa terás que explicar a súa distribución en capítulos, apartados, parágrafos…

                   3.2. RECURSOS ESTILÍSTICOS: identifica no  texto os  recursos estilísticos que emprega o autor como metáforas, símiles,paralelismos,... (Lembra que os recursos literarios son os indicadores da función poética da lingua).
                         Non se trata de facer un sumario de recursos senón de identificar e comentar  os que son propios do autor ou significativos dun movemento determinado.


4.         CONCLUSIÓN E VALORACIÓN:
                    Retoma os apartados anteriores e atrévete a redactar unha conclusión. Podes valorar a importancia dese texto dentro dun período determinado, a orixinalidade do autor ..., ou simplemente comentar que che suxeriu ese texto, se che gustou ou non e por  que.

Sem comentários:

Enviar um comentário